No Son e Noia iniciados traballos de conservación e limpeza de varios ríos

20 Decembro 2020
Traballos en Río Sieira Porto do Son

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a desenvolver traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de 15 ríos ao seu paso polos concellos de Porto do Son e
de Noia.
Concretamente Augas de Galicia leva a cabo traballos nos seguintes ríos de Porto do Son: Sieira Corral baixo, Corzo, Lavandeira, Chico, Quintáns, Resna, Cans, Sancho, Sandión, Carballar, Da Igrexa e Hornanda; e no municipio de Noia, nos ríos Vilaboa e San Xusto.
As tarefas estanse a desenvolver en distintos tramos interurbanos destes ríos, que coinciden co seu percorrido por distintas parroquias destes municipios.
Estes labores forman parte das intervencións de mantemento que leva a cabo Augas de Galicia nas áreas con risco potencial significativo de inundación (ARPSI).
As actuacións céntranse na retirada de árbores e pólas caídas e madeira morta, así como a roza selectiva, limitada ao ancho da canle, en tramos cubertos por maleza. Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.
Estas accións enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-centro.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...