Tráxica xornada no Son onde dous homes morren, un na rúa e outro na súa casa

17 Decembro 2020

O primeiro dos falecidos rexistrouse a primeira hora da mañá cando un veciño alertou á policia de que unha persoa estaba tirada na rúa, no centro urbano de Porto do Son. Ao lugar acudiu a Garda Civil e unha ambulancia de emerxencias que nada puideron facer por salvarlle a vida. O xuíz decretou o levantamento do cadáver que foi trasladado a Santiago para practicarlle a autopsia. O home que residía na proximidade de onde apareceu morto vivía con outra persoa e traballaba como mariñeiro nun cerqueiro de Portosín desde facía moitos anos.

Mentres o 112 recibiu un aviso para acudir a unha vivenda do lugar da Iglesia, na parroquia de Baroña, donde morrera un home de 75 anos que vivía co seu irmán. O ancián púidose atragoar e caeu ao chan dándose un golpe.

Ao lugar desprazouse unha dotación de emerxencias sen que puideran facer nada pola vítima. A Policía Local sonense e a Garda Civil permaneceron no domicilio á espera do xuíz que ordenou o levantamento do cadáver.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...