National Geographic porá o foco nos grandes atractivos turísticos dos nosos concellos

23 Decembro 2020
O Castro de Baroña en Porto do Son, unha das xoias patrimoniais galegas

A provincia da Coruña será protagonista o ano vindeiro da revista National Geographic. A iniciativa pertence á campaña de revitalización do sector da área de Turismo da Deputación, que leva a cabo Xosé Regueira. Baixo o lema 965 km de costa e un camiño infinito dan para moito, o proxecto pretende recuperar o turismo despois da crise sanitaria. Darase visibilidade a grandes paraxes naturais e enclaves históricos da nosa comarca, como o Dolmen de Axeitos, o Castro de Baroña ou o Parque Natural de Corrubedo.

En total, haberá 12 meses para difundir os lugares de interese da provincia na revista. O Dolmen de Dombate comezará a programación en xaneiro, mentres que o Mosteiro de Caaveiro pechará a revista en decembro. National Geographic visitará os lugares que teñan unha gran riqueza paisaxística como o estuario do río Anllóns, o porto de Corme, o miradoiro da Curota na Pobra do Caramiñal (con vistas espectaculares á Ría de Arousa), o Ézaro, a serra da Capelada, a praia do Pindo, a paisaxe de Traba e as dunas de Corrubedo ou o Monte Louro e a lagoa das Xarfas. Ademais, a revista recollerá o calendario dos recursos patrimoniais e artísticos como a catedral de Santiago de Compostela no mes de xullo deste ano Xacobeo, o Castro de Baroña, a Torre de Hércules, o monumento o Mirón de Arteixo, o Hórreo en Nantón, o Dolmen de Axeitos ou os museos navais de Ferrol.

O vicepresidente e responsábel da área de Turismo, Xosé Regueira, sinala que “ser protagonistas do calendario da revista Viajes de National Geographic é unha oportunidade para a promoción turística dos recursos da provincia cunha publicación que ten como destino un público moi amplo e especialmente interesado en viaxar”. Ademais, Regueira explica que “o 2021 ten que ser un ano de recuperación dun sector especialmente afectado pola pandemia. Hai que demostrar que a provincia da Coruña ofrece destinos seguros e saudábeis que poderán ofrecer posibilidades tanto para un sector turístico desexoso de volver a viaxar como para quen busca unha opción sen riscos nun período tan complexo como o que vivimos”.

Na portada da revista, destacará unha fotografía da ría de Ares. Do mesmo xeito, na contraportada aparecerá o bosque encantado nas beiras do río Sarela coa icona da campaña de promoción turística da Deputación da Coruña e o seu lema. O calendario entregarase de balde en xaneiro.

next

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...