Manuel Gago abre a liña editorial do Festival Atlántica e da Libraría Couceiro

23 Decembro 2020

O Festival Atlántica e a Libraría Couceiro estrean liña editorial con acento galego e palmeirán, xa que o título O sangue das pantasmas de Manuel Gago (Insuela, Palmeira, 1976) será a primeira obra deste proxecto editorial que nace coa vocación de levar ao papel as rutas narradas do Festival Atlántica.

Deste xeito, Manuel Gago aportará seu gran de area logo de desenvolver proxectos no eido da difusión e investigación arqueolóxica, do patrimonio cultura, entre outros, ademais da publicación das novelas O anxo negro, O exército de fume e está a preparar unha nova obra prevista para marzo do 2021.

O sangue das pantamas é un texto de autoficción que ten a súa orixe nunha estancia de Manuel Gago nun castelo escocés hai anos. A raíz desa experiencia, o autor preguntouse por que en Galicia, con tantas historias de mortos e aparecidos, apenas se coñecían pantasmas nos abundantes pazos e casas vedrañas do país. Nese momento comezou unha aventura cultural na procura dun territorio da imaxinación ben pouco coñecido. E a historia levou a Gago ás sombras de Compostela: ás mansións invisíbeis, os monstros míticos, os ocultistas decimonónicos e aos espectros que aínda sobreviven nas últimas fisgas da cidade, máis vivos do que parece.

Este primeiro título do escritor galego será unha edición agasallo que recibirán os clientes de Couceiro cando merquen outro libro no establecemento. Máis adiante vanse publicar novos títulos doutros autores vinculados a unha das actividades con mellor acollida do Festival Atlántica: as rutas narradas. Deste xeito, a experiencia dos paseos con historias fixaranse no papel para o goce de novos públicos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.