Lorena Conde achega un contacontos-obradoiro á rapazada de Rianxo

16 Decembro 2020

Este 23 de decembro ao mediodía, no Auditorio de Rianxo, a escritora, actriz e contadora Lorena Conde achegará ás familias locais unha actividade de narración oral, o Disfrace de Urrupinca Carmirola, ao abeiro do programa de Escola de Familias de Nadal. Na cita, Lorena tamén levará a cabo un obradoiro creativo complementario para as nenas e nenos. A actividade, que dará comezo ás 12.00 horas, está especialmente dirixida a crianzas de idades comprendidas entre os 3 e os 7 anos.

A protagonista do conto é a raposa Chiruca, á que lle encanta disfrazarse coa axuda da súa avoa, e que chegado certo punto, decide fantasiarse de Urrupinca Carmirola. Mais é complicado de facer porque o disfrace leva moitas cousas que a raposiña non ten. Aí entrarán en xogo os animais (algúns máis amigábeis ca outros), aos que Chiruca terá que pedir axuda creativa.

Inscricións: Enviando correo a normalizacion@concelloderianxo.gal ​​​​​ou chamando ao teléfono: 881 988 798.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.