Entregados os premios do concurso pobrense de decoración de balcóns e fachadas

23 Decembro 2020

O Concello da Pobra do Caramiñal entregou este mércores 23 os galardóns da primeira edición do seu Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas. As gañadoras recibiron a xeito de premio, esta mañá, unha cesta do Nadal composta de produtos locais valorada en arredor de 400 euros cada unha, para “así contribuír á dinamización e posta en valor do comercio de proximidade”.

Os encargados de facer a entrega dos agasallos foron o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra); a concelleira da Promoción Económica, Charo Varela (Nós Pobra); a edil da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e o seu homólogo da Normalización Lingüística, Xabier Santos (BNG).

No día de onte, martes 22, déronse a coñecer as vivendas gañadoras desta convocatoria, a cal contou con 35 fogares inscritos, con representación de todo o termo municipal.

O xurado, composto por representantes do tecido asociativo local, decidiu que as distincións recaesen nunha vivenda da rúa Atalaia (parroquia de Santa María a Antiga do Caramiñal), noutra da rúa Cardenal Patiño (na parroquia de Santiago do Deán), nunha da Ribeiriña (na parroquia de Santo Isidro de Posmarcos), nunha vivenda do lugar das Romeiras (na parroquia de Santa Cruz de Lesón) e noutra de Bandaseca (parroquia de Santa María do Xobre).

O dito certame incorporouse ao Nadal pobrense neste 2020 co obxectivo de “incrementar a ledicia e vistosidade das rúas”. Cómpre lembrar que a decoración de todos os fogares anotados deberá ficar sen retirarse ata o día 6 de xaneiro, inclusive, tal e como se estipula nas bases.

Outros artigos

“Testemuña dun golpe anunciado”. Antonio González Millán

Estas tardes quedas e frías de inverno son a oportunidade para atallar propósitos que, tempo atrás, e noutras circunstancias, non poderíamos atender. Chove quedo afora. Manan as beizóns da auga do ceo entre parques arborizados e poemas labrados nas pedras da...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El eterno dilema” – Manuel Domínguez

“El eterno dilema” – Manuel Domínguez

Eterno dilema. ¿El fin justifica los medios, si o no? Mi opinión, todo depende del resultado final. Asesino es quien mata a otro. Pero como siempre hay salvedades, si yo matase a quien tú piensas, y puedes pensar en plural, no seria asesino, sino salvador de muchas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.