En Porto do Son arde un coche por completo despois de que o dono avisase da súa desaparición

23 Decembro 2020

Resulta completamente calcinado un vehículo de cuxa desaparición informou o dono a través do 112 Galicia.

Foron os axentes da Garda Civil quen confirmaron ao afectado que o coche que ardía en Gourís, en Porto do Son, era o mesmo que o seu propietario buscaba despois de deixalo nun taller.

Faltaban apenas uns minutos para as nove desta mañá cando o 112 Galicia recibiu a chamada dun veciño que informaba dun posible accidente na parroquia sonense de Queiruga. Indicou que había un coche ardendo nunha curva, enriba dunha ponte, pero descoñecía se había alguén no interior.

Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediu a colaboración dos Bombeiros de Ribeira, así como dos voluntarios de Protección Civil e dos axentes da Policía Local e Garda Civil de Tráfico. Pouco despois, comprobaron que ninguén resultara ferido, pois o interior do coche estaba baleiro. Iso si, o vehículo ardeu por completo e mesmo derramou combustible procedente do seu depósito. De feito, activáronse medios e recursos para o control da vertedura nun regato próximo.

Mentres o servizos de emerxencias traballaban na extinción do lume, o 112 Galicia recibía unha segunda chamada relacionada con este suceso, pois tratábase do dono do coche que advertía da súa desaparición despois de deixalo nun taller. Foron os axentes da Garda Civil quen lle confirmaron que se trataba do mesmo vehículo que estaba ardendo en Gourís.

Outros artigos

O 20 de xuño celébrase a II Andaina Nocturna de Nebra

Volve a Andaina Nocturna de Nebra, logo de éxito de participación do ano pasado, e faino cunha segunda edición programada para o sábado 20 de xuño a partir das 22.00 horas (recepción) na Casa Veciñal de Nebra (campo da festa) e cun prezo de oito euros de inscrición....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...