Deteñen a un veciño de Noia por vender presuntamente droga a menores á porta do Colexio María Assumpta

22 Decembro 2020

A Garda Civil detivo a un veciño de Noia como presunto autor dun delito contra a saúde pública despois de que se lle incautasen substancias estupefacientes cando un grupo de 12 persoas, varias delas menores de idade, consumían nas inmediacións do Colexio María Assumpta.

Os feitos ocorreron por mor dunha denuncia anónima na Oficina de Atención ao Cidadán da web do Instituto Armado, onde se informou da posible venda de droga por parte dun individuo nas proximidades do centro educativo onde estudaba.

A Garda Civil intensificou a vixilancia nas inmediacións dos colexios e institutos da cidade. No marco deste operativo, efectivos da Patrulla Fiscal e de Fronteiras do posto de Noia observaron, na contorna do Colexio María Assumpta, como un grupo de 12 mozos estaban reunidos sen respectar a distancia de seguridade.

Segundo informa a Garda Civil, os axentes aproximáronse para indicarlles que debían respectar as normas sanitarias, momento no que aproveitaron para lanzar ao chan os cigarros que estaban a fumar e que “emanaban un forte cheiro a marihuana”.

Os axentes procedéron a identificar a varios dos integrantes do grupo, algúns deles menores de idade, e puideron achar no interior da chaqueta dun deles –o posteriormente detido– un envoltorio plástico con 32,38 gramos de haxix, tres bolsas con cogollos de marihuana que pesaban 5,91 gramos, 221,67 euros en moeda fraccionada e unha báscula de precisión.

A Garda Civil procedeu a deter a esta persoa, maior de idade, como presunta responsable dun delito contra a saúde pública. O apresado, xunto cos efectos intervidos e as actuacións realizadas, foi posto ao dispor do Xulgado de Instrución de garda de Noia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.