CONGALSA volve felicitar as Festas de Nadal coas postais premiadas no seu concurso navideño

CONGALSA vai felicitar estas vindeiras festividades, por terceiro ano consecutivo, coas postais premiadas no seu III Concurso de Postais de Nadal. Trátase de tres contribucións artísticas elaboradas por outras tantas nenas de diferentes idades, vencelladas familiarmente a empregados da compañía de produtos conxelados do mar. A actividade enmárcase na terceira edición do certame de Postais de Nadal, ao abeiro da iniciativa Personas e que este ano, como novidade, incorporou unha categoría de adultos.

As gañadoras do concurso, ao que se presentaron este ano 35 propostas, foron Amaya Hermo, de 6 anos (na categoría baby, de 3 a 6 anos); Lea Tarrío, de 8 anos (en categoría junior, de 7 a 10 anos), e Lucía Millán, de 14 anos (en categoría teens, de 11 a 14 anos).

Finalmente, na categoría de mozas e adultos, a partir de 15 anos, resultou vencedora Laura Fontao, traballadora do Departamento de Administración.

Unha iniciativa que se consolida

Os kits de pintura, premio co que se recoñeceu a cada unha das gañadoras, foron entregados este venres 11 de decembro polo director xeral da empresa da Pobra, Luis Miguel Simarro, quen destacou “a consolidación da iniciativa na axenda do Nadal de CONGALSA, unha acción que busca fortalecer a comunicación interna e afianzar o sentimento de pertenza á empresa”.

Todas as persoas que participaron nesta edición do concurso recibiron un póster de agasallo coas postais participantes. Como dixemos, os nenos e nenas que enviaron as súas propostas de postal están vencelladas e vencellados a persoal de varios departamentos da compañía (produción, comercial, calidade, administración, mantemento e técnico) tanto da sede central na Pobra do Caramiñal como das instalacións que a empresa ten en Canarias.

Recollida de xoguetes solidaria

Outra iniciativa que se consolida en CONGALSA é a campaña solidaria de recollida de xoguetes entre o persoal da empresa para doar ás familias necesitadas da contorna do Barbanza. Fontes da empresa explican que para poder cumprir cos protocolos anti-COVID, este ano a recollida efectuarase o exterior das instalacións da súa sede na Pobra, nun colector habilitado ao efecto.

O día 18 de decembro, antes de ser entregados ás entidades beneficiarias, os xoguetes recolleitos serán sometidos a un tratamento de desinfección efectuado pola empresa Andrade, que colabora de maneira altruísta coa iniciativa para garantir as máximas condicións de seguridade sanitaria.