Cinco novas vítimas pola COVID-19 soben a 1.346 os mortos en Galicia

21 Decembro 2020

A Consellería de Sanidade sumou cinco novos falecementos relacionados coa pandemia do coronavirus en Galicia, que elevan o cómputo global a 1.346.

Destas cinco vítimas rexistradas nas últimas horas, dúas delas ocorreron na residencia Asilo Vilalba en Lugo. Pola súa banda o Hospital Povisa notificou o falecemento doutros dous varonres, de 75 e 92 anos, que permanecían ingresados con coronavirus. A estes hai que sumar a morte dun home de 64 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol ( CHUF).

Todos eles contaban con patoloxías previas, segundo precisou a Consellería de Sanidade.

Os cinco mortos rexistrados este luns en hospitais galegos supoñen dous máis que os tres notificados na tarde do domingo e tres máis que os dous do sábado.

Outros artigos

A Pobra foi este mércores unha proclama contra as violencias machistas

Con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os xardíns Valle-Inclán acolleron na tarde deste mércores unha concentración para manifestar o rexeitamento a todas as formas de violencia machista e expresar o apoio e a solidariedade coas vítimas. O...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...