Cinco establecementos de restauración da comarca foron beneficiados polas axudas da Xunta á transformación do sector

15 Decembro 2020

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, fixo balance este martes 14 das axudas que está destinar o Goberno galego para a recuperación dos establecementos de restauración da provincia a través de traballos renovación e modernización das súas instalacións. Fíxoo na súa visita ao Hotel Crunia de Culleredo, un dos negocios beneficiarios dunha liña de apoios que vén con máis de 342.000 euros. En total, dixo, as axudas impulsarán a transformación e o fortalecemento de 20 negocios, cinco deles da comarca do Barbanza: o Restaurante Florida de Boiro, a Casa de Roque en Outes, o Cámping de Cabío na Pobra do Caramiñal, o Cámping de Coroso en Ribeira e máis o Restaurante Casa Hermo en Ribeira.

Esta orde permitiu apoiar aos beneficiarios ata o 35% do seu investimento, cun máximo de 35.000 euros. A través destas axudas, a Xunta financiou, entre outras actuacións, accións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas nestes negocios; obras para a optimización das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial a Q de Calidade Turística; ou actuacións para incrementar a clasificación do establecemento e elevar a súa categoría.

Tamén incluíu iniciativas de climatización que favorezan a sustentabilidade introducindo medidas de aforro enerxético; a modernización das instalacións e do embelecemento do entorno; ou a renovación dos equipamentos mobles necesarios para o funcionamento dos establecementos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.