Choivas, frio e nevaradas para despedir o ano en Galicia

30 Decembro 2020

Remata 2020 e Galicia despedirá este xoves o ano 2020 con choivas intermitentes, localmente fortes e tormentosas, temperaturas frías e neve por encima dos 600 metros.

Segundo informa Meteogalicia, unha fronte atravesaráo país desde as primeiras horas do día, chegado desde o norte. Os ventos serán do noroeste, moderados con intervalos fortes no litoral e frouxos no interior.

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, aínda que as máximas permanecerán sen cambios. En concreto, por cidades, as mínimas oscilarán entre os 4 graos de Ourense e os 10 da Coruña, mentres que as máximas estarán entre os 12 graos de Ferrol e Vigo e os 9 de Lugo. peraturas frías e nevadas.

 O 2021 empezará con aire moi frío ártica que continuará chegando desde o norte. Deste xeito, teremos ceos alternando nubes e claros, con chuvascos, máis probables canto máis ó norte, con cota de neve sobre os 600 – 700 metros. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán do noroeste, frouxos no interior, moderados na costa, fortes no extremo norte.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.