Catro persoas resultan intoxicadas no incendio dunha vivenda en Dodro

20 Decembro 2020

Catro dos seis moradores dunha vivenda, localizada no termo municipal coruñés de Dodro, foron evacuados na madrugada de hoxe con síntomas de intoxicación tras inhalar fume provocado por un incendio nunha das habitacións do inmoble.

Ocorreu ao fío das 03:30 horas nunha casa situada no lugar de Castro, na parroquia de Laíño, e ata o lugar desprazouse unha dotación dos Bombeiros de Boiro e outra do GES de Padrón para comprobar a situación despois de ser solicitados polos xestores do 112 Galicia.

Segundo a información facilitada ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, os equipos de intervención que acudiron ao lugar dos feitos tiveron que axudar aos ocupantes a abandonar o inmoble. Malia que o incendio fora apagado sen moitas complicacións, o fume acumulado no interior da vivenda foi suficiente como para provocar sintomatoloxías compatibles con intoxicación e obrigar a evacuar a catro persoas afectadas.

Os outros dous moradores foron atendidos in situ polo persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Este operativo tamén contou coa intervención dos axentes da Garda Civil. De momento, descoñécense as causas da orixe do lume.

Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.