Boiro segue aumentando os positivos no cribado. Falece unha muller no CHUS e soben a 1.293 as vítimas en Galicia

O cribado realizado en Boiro na xornada de onte eleva o 83 por cento os cidadans que acudiron á chamada. O concello segue sendo o que más sofre da comarca. O seu cómputo creceu onte en 19 e hoxe sobe a 24. Unha semana despois de que Sanidade decretase o seu confinamiento perimetral, non se logrou correxir á baixa os casos. Os novos positivos de hoxe explican a suba de casos activos hoxe na área de Santiago.

Na área sanitaria Santiago-Barbanza sanidade rexistra 53 hospitalizados con 6 ingresados en UCIs, o número de falecidos é de 172 e os casos activos de 817. O SERGAS informa da morte esta tarde dunha muller de 86 anos no CHUS, tiña COVID-19 e contaba con patoloxías previas. Cos outras cinco vítimas de hoxe elevan a 1.293 os mortos en Galicia.

En Galicia a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.795 deles 1.146 son da área da Coruña, 591 da de Lugo, 364 da de Ourense, 856 da de Pontevedra, 1.425 da área de Vigo, 817 da de Santiago, e 596 da de Ferrol.Do total de pacientes positivos, 50 están en UCI, 321 en unidades de hospitalización e 5.424 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 48.285 persoas curadas, rexistrándose 1.287 falecementos. O número de PCR realizadas é de 960.143.