Barbantia entregou os seus galardóns 2020

23 Decembro 2020

O pasado 19 de decembro celebrouse no Auditorio de Rianxo a gala de entrega de galardóns dos Premios Barbantia 2020, entregados pola asociación comarcal do mesmo nome en colaboración con La Voz de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Rianxo. Os galardoados no acto, unha cita na que se adoptaron estritas medidas de seguridade sanitaria e restricións de aforamento, foron finalmente Esther Carrodeguas (Premio Barbantia á traxectoria cultural O Barbanza), a Asociación Cultural Terra de Outes (Premio Barbantia á iniciativa cultural no Barbanza 2020) e Clodio González Pérez (Premio Barbantia da cultura galega 2020).

Participaron no acto, entre outros persoeiros da cultura e do ámbito político, os alcaldes de Rianxo e Noia, Adolfo Muíños e Santiago Freire, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, a deputada provincial Sandra González, ou o presidente de Barbantia, Manuel Cartea.

Por certo que a Asociación Barbantia puxo en Youtube un vídeo da entrega de galardóns.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.