As toniñas, oficialmente en perigo de extinción

03 Decembro 2020
Imaxe do CEMMA no que se albisca unha toniña diante do Parque Natural de Corrubedo

A Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños vén de informar da publicación no BOE (PDF), este martes, a resolución pola cal se cataloga (dende o Ministerio de Transición Ecolóxica) a toniña afro-ibérica ao abeiro da categoría de especies en perigo de extinción (principalmente por mor da acción humana), pasando dende a etiqueta de “vulnerábel”. Segundo explica o CEMMA, a mala situación de conservación deste mamífero, moi presente nas costas da nosa comarca (na imaxe móstrase unha toniña en Corrubedo) recomendou un aceso na categoría de protección. Na orixe deste avance por velar polo futuro das toniñas está o importante traballo despregado pola coordinadora ao longo de 30 anos.

Este traballo incluíu investigacións propias ou en colaboración con outros centros de investigación estatais e internacionais, e coa colaboración económica puntual da Unión Europea, e dos Ministerios e Consellerías da Xunta de Galicia competentes ao longo dos anos. Estes estudos aportaron información fulcral sobre a súa poboación, distribución, anatomía, reprodución, dieta, estado de saúde, ameazas ou xenética. Este labor xenético contribuíu a que en 2017 se recoñecese que as toniñas da Península Ibérica e do norte de África son unha subespecie distinta das demais recoñecidas previamente.

“As investigación destas tres décadas”, explica a coordinadora, “evidenciaron que a súa situación de conservación era cada vez peor, e en 2007 reclamamos a consideración do cambio de categoría de vulnerábel a en perigo de extinción cunha comunicación no congreso da SECEM, algo que repetimos posteriormente noutros foros científicos estatais e internacionais e diante das administracións”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...