A Xunta recibirá o domingo as primeiras 500 vacinas, que dispensará nunha residencia da área de Santiago

25 Decembro 2020


A Xunta recibirá para o vindeiro domingo 500 vacinas contra a covid-19, que dispensará nunha residencia de maiores correspondente ao área sanitaria de Santiago de Compostela por ser a zona que rexistra unha incidencia máis elevada do virus.

Diso informou este mércores o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, que explicou que o centro será o que as autoridades de Sanidade e Política Social «consideren oportuno».

Feijóo confiou que «o domingo pola noite ou o luns de madrugada» a Xunta «empece a recibir máis vacúas», que despregará en residencias das distintas áreas sanitarias de forma conxunta. «A enfermería chegará a unha residencia de terceira idade e vacinará a todo o persoal ingresado e aos seus coidadores», explicou.
O plan galego, en consonancia co estatal, vacinará primeiro aos usuarios e traballadores de residencias sociosanitarias, a grandes dependentes e a sanitarios que traballen en primeira liña contra a enfermidade. Nunha segunda fase, estenderase ao resto de profesionais sanitarios e sociosanitarios e a cidadáns con factores de risco. En terceiro lugar estará o resto da poboación, con excepción de mulleres embarazadas e menores de 16 anos, para os que aínda non hai evidencia suficiente sobre a súa seguridade.

A Xunta confía, en función da cadencia coa que vaian chegando as doses, que a poboación residencial poida recibir a primeira dose de vacina ao redor de finais de xaneiro ou principios de febreiro, para empezar entón co seguinte grupo. Con todo, dependerá da cifra de vacinas que se teñan, así como da chegada de dose doutros laboratorios que se atopan en fase de autorización.

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.