A Xunta investirá 85,6 millóns na programación, na seguridade e na promoción do Xacobeo 2021

22 Decembro 2020
16,00 h.- O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, comparecerá no Pleno para presentar os orzamentos e as liñas de actuación da Vicepresidencia Primeira para o ano 2021. No Pazo do Hórreo. foto xoán crespo 26/11/2020

A Xunta investirá no Xacobeo 2021 un total de 85,6 millóns de euros que se destinarán a ámbitos como a programación de actividades, a seguridade, a promoción ou a mellora de infraestruturas e paisaxes no Camiño de Santiago. Deste total, 61,7 millóns de euros corresponden a Vicepresidencia primeira e, os restantes, a orzamentos doutras consellerías que van acometer actuacións directamente relacionadas co Ano Santo.

Así o avanzou o vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, que explicou que as contas do seu departamento para 2021 superarán os 392 millóns de euros e que a partida máis importante será novamente a destinada á Administración de Xustiza, mentres que a suba porcentual máis destacada será a do turismo, “un sector que o próximo ano precisará dun maior apoio”.

Ante un 2021 que será “incerto e atípico”, o vicepresidente primeiro referiuse de forma especial ao Xacobeo 2021 “que será diferente, pero o mellor dos posibles”. Con este obxectivo, a Xunta enfocará o seu orzamento a cinco ámbitos principais.

Seguridade sanitaria

O primeiro ámbito será a seguridade: a sanitaria, para “seguir promovendo a Galicia como un destino seguro”; pero tamén a viaria e a xeral, “facendo fincapé na Catedral de Santiago e no seu contorno”. Co segundo, a través do orzamento do Xacobeo, continuaranse mellorando as infraestruturas e a paisaxe, co remate do Plan Director do Camiño 20215-2021, coas últimas obras no Camiño de Inverno, e continuando a ampliación da rede pública de albergues no Camiño de Santiago, coa posta en marcha de 6 novos albergues (Vilasantar, O Saviñao, A Gudiña, Oseira, Sobrado dos Monxes e Vigo) e o inicio das obras dos albergues de Piñor e Friol. O terceiro ámbito no que enfocarán as contas do Xacobeo será o da promoción, e o cuarto, a programación, que se presentará nos próximos días, e contará con máis de 200 actividades. Por último, o quinto eido centrarase na participación de toda a sociedade galega, a través de iniciativas como O teu Xacobeo.

Plan de choque para a recuperación do sector turístico

A celebración do Xacobeo suporá, en palabras da Xunta, “unha oportunidade para impulsar a reactivación do sector turístico que, ademais, recibirá un apoio adicional e específico”. Así, en 2021, o Goberno galego consignará 35,7 millóns de euros para poñer en marcha un Plan de choque que incluirá a creación de medidas de calado como a contratación de “seguros coronavirus”, que cubrirían gastos sanitarios, transporte e aloxamento derivados dunha hipotética situación de contaxio, tanto para o/a viaxeiro/a como para o acompañante. Tamén cubriría a súa estadía no caso de ter que facer unha corentena.

O Plan de choque actuará en máis eixos: axudas directas para incentivar o consumo, con medidas como o Bono turístico ou o programa Elixe Galicia; medidas para potenciar Galicia como un destino seguro, como o seguro ou a elaboración de plans de continxencia; promoción de produtos turísticos que poidan ter unha mellor evolución no escenario actual, como a natureza ou o termalismo; e o impulso á formación e fomento da oferta turística de calidade.

En total, a Axencia de Turismo de Galicia contará cun orzamento de 112,5 millóns de euros, o que supón un incremento do 52,3% respecto ao exercicio do ano anterior, o que permitirá dar cobertura á celebración do Xacobeo e ao plan de choque do sector turístico, ademais de manter o resto de actividades de apoio e promoción do sector.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...