A morte de oito persoas, dúas no CHUS, eleva a 1.281 as vítimas da pandemia en Galicia

08 Decembro 2020

As vítimas da Covid-19 na comunidade galega eleváronse a unhas 1.281 persoas tras a confirmación por parte das autoridades sanitarias de oito novos falecidos, catro deles relacionados con residencias de maiores.

Segundo os datos facilitados este martes pola Consellería de Sanidade, trátase de catro mulleres e de catro homes. Todos eles presentaban patoloxías previas. Noo Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) morreron dous homes de 74 e 93 anos.

Outros tres destes falecementos rexistráronse no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP). Trátase dun home de 70 anos, e de dúas mulleres de 81 e 97 anos, ambas as procedentes da residencia de Vilaboa. Así mesmo, no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol rexistrouse a morte dunha muller de 93 anos.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.