A inclusión colle novo impulso na comarca co calendario 2021 de Amicos

01 Decembro 2020

A Asociación Amicos e a Asociación Boirense de Empresarios (ABE) presentaron na mañá deste martes o calendario solidario do vindeiro ano de Amicos, unha iniciativa concibida para pór de relevo a importancia de seguir loitando polo derrube das barreiras á inclusión plena e, tamén, o importante talento creativo, persoal e profesional das persoas con diversidades funcionais, motrices ou cognitivas. O almanaque inclúe unha ducia de fotografías mostrando o día a día da comunidade de integrantes de Amicos e máis “a súa forza e as súas ganas para seguir cara adiante na loita pola súa integración”.

Como cada ano, Lesmes fotógrafos, estudio de Ribeira, tomou imaxes das persoas con diversidades en diferentes actividades desenvolvidas nos seus quefaceres cotiáns, “facendo ver que debaixo das máscaras segue a haber sorrisos”, explicaron os responsábeis das asociacións na presentación do calendario.

Este ano colaboran 25 empresas da comarca: Gadisa, Vending Galicia, Automecánica Boiro, Panaderia Ponte San Francisco, Ortopedia Sambre, Muebles Muñiz, Recursos Galicia, Talleres Susavila, Barbanza Prevencion, Lignus Pellets, Telepizza Noia, Sanea, Nós Solucións, Galastur, Clínica Hermo Dental, Óptica Blanco, ADM, SERDECO, Lau Creaciones, garabal, Reyjosa, Cárnicas Domínguez, Veloso y Iglesias (Congelados Veloso), Combustibles Puebla e Fundación Francisco Verdía.

As asociacións explicaron que este ano contarase con puntos de venta nos diferentes concellos da comarca así pois, en Boiro a Farmacia Cimadevila, en Rianxo a Farmacia Lojo, en Portosín a Farmacia Romay, en Noia Congelados Mayca, e en Ribeira, a Farmacia Villamil.

Tamén fixeron saber que os prezos de venda dos calendarios deste ano serán os seguintes: cinco euros os de tamaño pequeno, e sete euros o de tamaño grande.

Este ano a recadación irá destinada á adquisición de EPIs (equipamento de prevención individual) contra a COVID-19.

Outros artigos

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...