A Escola de Música de Rianxo ofrece unha vintena de actuacións ao abeiro do seu Festival de Nadal

18 Decembro 2020

A Escola de Música de Rianxo compartiu con nós o seu completo programa de actividades para estas festas vindeiras, un Festival de Nadal 2020 que inclúe unha vintena de actuacións musicais controladas e seguras e que servirán, por unha banda, para achegar un importante gran de area en materia de animación cultural (nestes tempos adversos nos que se fai máis necesaria ca nunca esa animación) e, pola outra, para mostrar o importante talento do seu alumnado e do seu profesorado. Poderemos velas en streaming, a través do Youtube da Escola de Música.

Cada unha das actividades correspóndese coas diferentes aulas coas que conta o centro docente.

O programa comeza este sábado 19, coa Aula de Frauta, e prosegue o domingo 20 coa Aula de Óboe, o 21 coa Aula de Fagot, o o 22 coa de Clarinete, 23 de decembro coa Aula de Saxofón, o xoves 24 coa Aula de Trompa, o 25 coa Aula de Trompeta, o 26 coa de Trombón, o 27 coa Sección da Banda da EMR, o 28 coa Aula de Bombardino e tuba, o 29 coa Aula de Percusión, o 30 coa de Piano (Alfredo), o 31 coa de Piano (Alejandro), o venres 1 de xaneiro coa de Violín, o 2 de xaneiro coa de Violoncello, o 3 de xaneiro coa de Contrabaixo, o 4 coa de Trombón Moderno, o 5 coa Aula de Canto e Guitarra e o 6 coa Aula de Música e Movemento.

O Festival de Nadal vén coa colaboración do Concello de Rianxo, a Deputación da Coruña e a Consellería de Cultura.

Outros artigos

O Concello do Dodro rende homenaxe a Moncho Reboiras

O Concello de Dodro organiza unha homenaxe a Ramón Reboiras Noia, Moncho Reboiras, este mércores 12 de agosto, ás 13.00 horas na Lavandeira (Imo). Data na que se cumpren 51 anos do seu asasinato en Ferrol a mans da policía franquista. O aniversario do pasamento de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.