A entrada de ‘Bela’ deixará choiva, fortes ventos e temporal marítimo. Activada a ALERTA VERMELLA con ondas de ata 9 metros

26 Decembro 2020

A chegada da borrasca ‘Bela’ deixará un domingo de choivas, vento e temporal costeiro que manterá a todo o litoral galego en aviso, máximo no caso da Coruña e Lugo, que se estenderá tamén a puntos do interior.

Segundo a predición de Meteogalicia, as choivas iniciaranse pola mañá no noroeste da comunidade para chegar a toda Galicia a medida en que avance o día.

Situación ás 21 horas do sábado da borrasca bela ubicada sobre Islandia

O máis importante desta situación será o estado da mar, especialmente no Galicia, Cantabria e Asturias, en alerta vermella mañá por fenómenos costeiros, onde ao longo do domingo e durante o luns alcanzaranse os 8 a 10 metros de altura de mar combinada e ventos que poden alcanzar forza 8 a 10. Tamén no Mediterráneo, aínda que con menor intensidade, haberá temporal, con ventos que poden alcanzar forza 7 a 8 e ondas que poden alcanzar 3 a 5 metros e, ocasionalmente, 6 a 8 en Baleares.

Outro factor destacado será o vento de compoñente oeste, que aumentará a partir da tarde do domingo e durante o luns co paso da fronte, soprando con intervalos de forte e refachos moi fortes, sobre todo no Cantábrico, onde probablemente superaranse o 100 km/ h no litoral. Noutras zonas do norte e este peninsulares e en Baleares, alcanzaranse os 70-90 km/ h, sobre todo en zonas montañosas, onde se poden superar o 100 km/ h nas zonas máis altas. O vento tenderá a ir diminuíndo ao longo do martes e o mércores, segundo avanzou a Aemet.

En canto ás precipitacións, serán máis abundantes en Galicia e no Cantábrico e irán perdendo intensidade cara ao sur e o leste, sen apenas afectar ao área mediterránea, mentres que a cota de neve irá descendendo ata situarse ao final do luns nuns 800/1000 metros en practicamente toda a Península.

O martes e o mércores as precipitacións máis persistentes daranse no extremo norte, pero tamén alcanzarán de forma máis dispersa outros puntos do interior peninsular. Fin de semana e aninovo presentanse con choivas.

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.