A Deputación da Coruña destina 866.000 euros ao Barbanza ao abeiro de PEL-Concellos

30 Decembro 2020

A Deputación da Coruña duplicou o investimento do programa PEL-Concellos, de 3 a 5 millóns de euros, co obxectivo de “crear preto de 900 empregos nos municipios coruñeses”, unha cifra que tamén redobraría a acadada na edición anterior do programa. Centraríase nos concellos de menos de 20.000 habitantes, que recibirán entre 38.000 e 104.000 euros para a contratación de persoal. Porase o foco nos colectivos máis afectados polo desemprego e a crise actual: maiores de 45 anos, mulleres, parados de longa duración ou persoas en risco de exclusión social. No caso de Barbanza, o investimento será de 866.000 euros.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que “estamos ante unha medida extraordinaria para axudar a crear emprego e paliar as consecuencias da crise derivada da pandemia da COVID-19”, ofrecendo “unha oportunidade laboral a preto de mil persoas nun contexto social e económico tan difícil coma o actual”. Tamén salientou “o carácter social” do programa, que prima a contratación das persoas pertencentes a aqueles colectivos con maiores dificultades para atopar un emprego.

Por concellos, a distribución dos fondos da Deputación ficaría deste xeito: Boiro 104.000,00 €; Carnota 68.000,00; Lousame 62.000,00; Mazaricos 62.000,00; Muros 92.000,00; Noia 104.000,00; Outes 74.000,00; A Pobra do Caramiñal 104.000,00; Porto do Son 92.000,00; e Rianxo 104.000,00.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.