782 dispositivos de seguridade de Noiteboa alcanzaron a 4.006 persoas e 3.394 vehículos

25 Decembro 2020


O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, informou de que os 782 controis realizados en Noiteboa alcanzaron a 4.006 persoas e 3.394 vehículos. A Garda Civil e a Policía Nacional sumaron 170 propostas de sanción, menos dun 5% do total.
A xornada tivo 1.792 persoas identificadas por parte da Policía Nacional e
2.124 pola Garda Civil. En canto a vehículos, a Policía controlou 1.180,
mentres que o Instituto Armado fixo o mesmo con 2.214.
En total, entre Garda Civil e Policía Nacional realizaron 782 dispositivos
de seguridade. Houbo 64 propostas de sanción da Policía e 106 da
Garda Civil.
Javier Losada volveu a agradecer o alto grao de cumprimento e a
responsabilidade mostrada polas galegas e os galegos, pois as propostas de sanción representan menos dun 5% do total. Nese sentido, volveu a facer un chamamento para que a actitude da poboación continúe como ata o de agora, con especial coidado nuns momentos de reunións familiares nos que a pandemia da COVID-19 constitúe un importante risco.
O delegado do Goberno subliñou que é necesario actuar con cautela e seguir as indicacións facilitadas polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Na actualidade, estas reforzan a vixilancia en áreas de aglomeración de persoas, así como en zonas de lecer e restauración.
Javier Losada lembrou que tanto a Policía Nacional como a Garda Civil
traballan para garantir o cumprimento das restricións impostas pola Xunta.
Incidiu na máxima colaboración que presta a Delegación do Goberno á Administración autonómica, plasmada esta semana na reunión de coordinación co presidente, Alberto Núñez Feijóo.

Outros artigos

Chega a Ribeira a exposición que reivindica o legado de José Suárez

A praza do Centenario de Ribeira acolleu hoxe a inauguración da exposición itinerante José Suárez, vida e obra, que recala en Santa Uxía ata o 29de setembro baixo o amparo da Real Academia Galega de Belas Artes e ao abeiro dos actos promovidos con motivo do Día das...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

Nadie discute la necesidad de las ayudas sociales propias de cualquier Estado moderno, lo que se discute es su diseño y sus efectos. En este sentido, España ofrece hoy un modelo diferencial cuando se compara con otros países europeos. En los últimos años, el sistema...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.