O próximo xoves ás 20h no pavillón polideportivo Dodro celebrará o pleno
ordinario onde o goberno fará varias propostas de goberno entre a que
destaca a “Restitución da memoria do Pazo de Bendaña de Dodro” na
que insta ao Goberno de España, á Xunta de Galicia e ao goberno
municipal de Sada, que se recoñeza a Dodro, mais concretamente o
Pazo de Bendaña, como parte do espolio que permitiu ó ditador a
reconstrución das Torres de Meirás. A restitución da memoria do Pazo
de Bendaña en Dodro, pide o goberno.
Tamén solicita que se identifiquen no inventario de bens as partes que poden corresponder ó Pazo de Bendaña de Dodro, entre eles a biblioteca, a fonte, os escudos brasonados, o retablo etc e que se faga constar en dito inventario.
Ó mesmo tempo pide que nas publicacións turísticas, das institucións
responsables da posta en valor histórica e a xestión e do uso público deste se nomee a Dodro como achega do Pazo de Bendaña e o coñecemento do proceso de adquisición pola familia Franco, e o xeito como se procedeu ó seu traslado.
Outra das propostas do goberno é a mellora do servizo de atención primaria do centro de saúde de Dodro na que se demanda recuperar e reforzar a atención primaria e presencial nas condicións nas que se viña desenvolvendo con persoal e material necesario como antes da aparición da COVID19 e abrir un proceso de recuperación dos profesionais perdidos nos últimos anos, especialmente á atención primaria garantindo a cobertura e a substitución dos profesionais dos centros de saúde para non afastar a asistencia da cidadanía.