O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

18 Setembro 2026

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas.

O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu un informe sobre o estado económico do Concello de Dodro. O informe é resultado da remisión obrigatoria de información á que están obrigadas as entidades locais de Galicia, envío no que ademais deben facer constar o entorno de control interno, os contratos e os convenios asinados.

Este informe corresponde ao segundo trimestre do ano e da como resultado un nivel de madurez económica alto, segundo o Consello de Contas. “Un resultado que avala a xestión económica do concello de Dodro”, segundo confirmou o Goberno local.

POS Adicional 2

A sesión aprobou cos votos do PSdeG, Unidade Veciñal de Dodro e BNG, e as abstencións de Xente de Dodro e Partido Popular, O Plan de Obras e Servizos Adicional 2 da Deputación da Coruña que supón un investimento de 299.000 euros.

Os proxectos que se acometerán serán a Melloras no Lavadoiro de Castro, Melloras no viario de Rebixos a Susavila e outros e a reparación da escola unitaria de Traxeitos nunha primeira fase.

Na segunda fase do plan acometerase a mellora viaria en Lestrobe e outros, a Mellora do viario de Teaio a Bustelo, a mellora do viario en Bexo, a Mellora do viario do Muiño da Devesa en Teaio, e a Mellora do viario do norte na Devesa ao campo da Chisca.

Convenios de colaboración

O plenario de Dodro aprobou dous convenios de especial importancia para a demanda de xudas á Xunta de Galicia. Por unha banda o acordo entre Dodro e os concellos de Padrón, Valga, Rois, Catoira e Pontecesures para pedir unha axuda destinada ao programa integrado de emprego 2026 – 2027. Este convenio aprobouse cos votos a favor de todos os partidos excepto Xente de Dodro que se abstivo.

Por outra arte aprobouse o convenio de colaboración cos concellos de Dodro, Padrón, Valga, Rois e Rianxo para a solicitude dunha axuda destinada ao Proxecto de Prevención de Conductas Aditivas que tamén foi aprobado co apoio de todos os partidos excepto Xente de Dodro que volveu a absterse.

Mocións

No pleno presentouse unha única moción por parte do Partido Popular sobre a defensa da soberanía española de Ceuta e Melilla. Unha moción rexeitada que contou cos únicos votos a favor do Partido Popular e Xente de Dodro.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.