Falece o motorista ferido onte tras saírse da vía co seu vehículo en Muros

21 Novembro 2020

O motorista que resultou ferido de consideración despois de sufrir unha saída de vía co seu vehículo cando circulaba pola AC-400, ao seu paso pola parroquia de Serres, no concello coruñés de Muros, faleceu esta mañá segundo informa Tráfico.

Debido á gravidade das lesións provocadas polo impacto sufrido, fora necesaria a intervención do helicóptero medicalizado con base en Santiago para evacuar o ferido ata o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Foron os profesionais de urxencias sanitarias quen, ás 16:30 horas, chamaron ao 112 Galicia para comunicar a mobilización da aeronave. Segundo indicaron, o motorista saíuse da vía e chocou contra unha das barreiras de seguridade da estrada.

Así, para prestar apoio ao equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) puxeron os feitos en coñecemento dos membros do GES de Muros e dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Unha vez no lugar dos feitos, o ferido foi encamiñado ao centro hospitalario a bordo da aeronave e desde o 112 solicitouse a intervención do servizo de mantemento da vía para a realización das tarefas de limpeza da estrada.

Outros artigos

Éxito de participación do obradoiro de pesca submarina de Muros

Este sábado 12 de abril a praia de Somorto en Esteiro (Muros) acolleu o I Taller de Iniciación á Pesca Submarina, impartido por Soraya Hermida e Belén Díaz. A experiencia formativa “contou cunha gran acollida, esgotando todas as prazas disponíbeis, e a xente marchou...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A nosa e a vosa ruada”. Luís Celeiro

“A nosa e a vosa ruada”. Luís Celeiro

Estaba sentada nunha parede baixiña, diante da porta da casa, no mesmo barrio que vivíasúa tía, na mesma rúa onde vivira súa nai, seu pai e onde viven agora moitos recordos,lembranzas da nenez, da mocidade, das historias que leu e das que lle contaron. Estaba,igual...