Sonoteucomercio.gal fai un chamamento a mercar localmente nesta tempada de Nadal

12 Novembro 2020

A plataforma web Sonoteucomercio.gal, o mercado en liña onde os establecementos de Porto do Son xuntan forzas contra a crise sanitaria ao tempo que acurtan distancias coa cidadanía (do Son e de todo o mundo), comezou xa a mobilizar recursos para a vindeira campaña de Nadal, un movemento que vén acompañado de mensaxes claras sobre a necesidade de apostarmos (agora máis ca nunca, ante a adversidade da COVID) polo comercio de proximidade e por unha fórmula, a da recuperación económica e social, que pasa claramente por un apoio unánime aos establecementos de toda a vida.

A plataforma pon o foco tamén nos beneficios de adiantar as nosas compras de Nadal, “xa que os negocios familiares, a diferente das grandes multinacionais e das grandes superficies, precisan de máis tempo para preparar ou elaborar os seus produtos”.

Dende Sonoteucomercio.gal tamén destacan outras importantes vantaxes postas en xogo polos establecementos de proximidade: mercar con seguridade (“os nosos comerciantes son os máis interesados na nosa seguridade, porque a nosa seguridade é a de todos nós”), atención personalizada (“ninguén nos vai atender coma no comercio local, porque ninguén nos coñece mellor que os que están preto”), e repercusión económica e social positiva (“se mercamos no noso concello cada euro gastado repercute nos nosos veciños, amigos e familiares”).

Outros artigos

O 20 de xuño celébrase a II Andaina Nocturna de Nebra

Volve a Andaina Nocturna de Nebra, logo de éxito de participación do ano pasado, e faino cunha segunda edición programada para o sábado 20 de xuño a partir das 22.00 horas (recepción) na Casa Veciñal de Nebra (campo da festa) e cun prezo de oito euros de inscrición....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...