O pasado 30 de outubro asináronse os convenios polos que a Xunta reparte os fondos dasÁreas de Rehabilitación Integral (ARI) entre os 17 concellos que solicitaron participar neste reparto, listaxe na que están incluídos os concellos de Rianxo (barrios de Rianxo, Rianxiño e Fincheira) e Noia (casco histórico de Noia). Repartiranse preto de 2,7 millóns de euros entre 25 áreas de rehabilitación. A Noia e ao seu conxunto histórico correspóndenlle 48.400 euros. A Rianxo 62.536 euros.
Os beneficiarios finais dos fondos repartidos serán os propietarios de vivendas e edificios de vivendas emprazados no ámbito das Áreas de Rehabilitación Integral, que recibirán axudas a fondo perdido para as actuacións de rehabilitación que realicen. Tamén se poderán beneficiar das axudas os propios concellos para a realización de actuacións no ámbito das ARI. Ademais, a Xunta, con fondos propios, financia as oficinas de rehabilitación municipais.
Os dezasete concellos aos que se reparten fondos con cargo aos obxectivos de 2020, incluídos os de Noia (324.023,50) e Rianxo (144.051,22), teñen actualmente en execución convenios asinados en anos anteriores, cunha dotación total que se aproxima aos 17,5 millóns de euros no seu conxunto.