Teatro Airiños organiza unha nova edición das Veladas de Primavera

25 Abril 2024

A histórica compañía rianxeira Teatro Airiños vai organizar esta tempada tres fins de semana de actividades culturais na parroquia de Asados: as Veladas de Primavera. O ciclo desenvolverase na dita parroquia rianxeira, coa colaboración do Concello e máis da Deputación da Coruña, entre o o 27 de abril e o 12 de maio.

Segundo explica a agrupación acerca dos porqués deste ciclo e do seu nome, “se ben a palabra velada aínda non está recollida no dicionario da RAG, así é como se lles chamaba ás funcións nos comezos da historia Teatro Airiños (hai xa noventa anos) e así é como cremos que se deben seguir chamando”. E co devadnito nome organiza a compañía máis antiga da nosa terra unha mostra de artes escénicas na súa parroquia natal.

A primeira velada será musical, co grupo Barahúnda. Madrileños de nacenza, pero establecidos desde hai anos en Rianxo, presentan o seu libro-CD Fremosas cun concerto didáctico, o sábado 27 ás 20:30h nas Escolas Vellas da Atalaia.

O domingo 28, a partir das 19:00h, celebrarase a Mesa de creadoras: un acto de encontro entre o público e artistas de diversas disciplinas. No coloquio participarán: María Xosé Silvar (Sés), unha das figuras máis recoñecibles do panorama musical galego; a dramaturga rianxeira Esther F. Carrodeguas,  que está a xirar súa segunda coprodución co Centro Dramático Nacional; Helena de Alfonso, cantante de Barahúnda; e a poeta Arancha Nogueira, gañadora dos premios Francisco Añón e Johán Carballeira. O escenario sería o parque da Santa Lucía, se ben a organización non descarta unha relocalización se o tempo non acompaña.

A segunda semana transcorrerá por completo nas Escolas Vellas. O sábado 4 de maio a cita será audiovisual, coa proxección, ás 20:30h, do documental Esta noite, velada. Dirixido por Antonio Caeiro, gravouse en 2008 co gallo do 75 aniversario de Teatro Airiños.

O domingo 5, ás 19:30h, será a quenda da compañía anfitrioa, que representará As vellas non deben de namorarse. Amantia Coello adapta e dirixe este clásico de Castelao, no que se xoga a cambiar xénero, orientación e identidade sexual das personaxes, respectando o texto orixinal.

A última fin  de semana será “a máis intensa”, en palabras de Airiños. Comezará o venres 10 con Ska-rnio Escénico, o grupo xuvenil da Escola de Teatro Airiños. Presentarán Fraktal, peza creada colectivamente na propia escola, que convida a reflexionar sobre a saúde mental, ás 21:00h nas Escolas Vellas. A ese mesmo escenario chegarán desde o outro lado do Miño a Companhia de Teatro de Santo Tirso. O grupo portugués representará a peza infantil Baú dos Malvados o sábado 11 ás 20:00h.

O domingo 12 celebrarase o roteiro teatralizado sobre a historia de Teatro Airiños. Partindo ás 12:00h do Centro Cultural Simón Varela, visitarán lugares claves na traxectoria da compañía. Xa pola tarde, ás 19:00h, as Veladas voltarán ás Escolas Vellas, para pechar esta edición co monólogo O comezo do mundo, de Soledad Felloza. A narradora uruguaia asentada no Barbanza reconta historias recollidas a mulleres do país, ao pé do lume nos seus lares. A mostra naceu no Nadal de 2019 como Veladas de Inverno. Logo da pandemia, a segunda edición xa foi primaveral, en abril de 2022. E desde aquela Airiños mantén este ciclo de artes escénicas, que medra e se afianza ano tras ano.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.