“Vía Morta” pon o foco na dramática realidade das persoas migrantes e refuxiadas (en Rianxo o día 10 no Auditorio)

24 Abril 2024

O Auditorio de Rianxo vai acoller o vindeiro 10 de maio, venres, a estrea na nosa comarca de Vía Morta, de Culturactiva e Pallasos en Rebeldía, co apoio do Concello.

Será ás 21.00 horas do venres 10, na Sala Arcos Moldes, con reserva previa a través de formulario ou no teléfono 981 100 688. A sesión, que será de balde, é unha peza escénica para público adulto (de máis de 16 anos) que pretende ser, máis que un espectáculo teatral, “unha experiencia a través do teatro, unha montaxe teatral que pretende traer a realidade dos refuxiados e refuxiadas ao público de Galicia a través dunha proposta que converte ao espectador nun refuxiado máis”. A obra denuncia a traxedia que as políticas migratorias da UE están a provocar. Segundo explican dende Pallasos en Rebeldía, “o teatro non pode ficar impasíbel ante a deliberada política de esquecemento á que as persoas refuxiadas son hoxe sometidas”. Este espectáculo fálanos sobre a triste situación dos millóns de refuxiados e refuxiadas aos que, aínda hoxe, a Unión Europea pecha as súas portas.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.