Comezan as Festas de San Marcos en Noia cun completo programa de actividades… e con modificacións no tráfico

25 Abril 2024

Este xoves 25 de abril dará comezo en Noia a nova edición das Festas de San Marcos, unha das celebracións máis agardadas na nosa contorna e que este ano destacan pola súa completa axenda de actividades, con propostas lúdicas e culturais, propostas para pequenos e maiores, música tradicional e moderna e, presidindo a axenda, a histórica feira cabalar e de maquinaria agrícola.

A festa comeza este xoves 25 de abril coas dianas e alboradas das 10.00 hora a cargo de Cherumia, coa exposición de maquinaria agrícola na rúa Escultor Ferreiro e na Porta da Vila e co inicio da Feira Cabalar de San Lázaro. Pola noite actuarán As Lens (na rúa do Curro ás 21.00 horas) e París de Noia na Alameda (ás 22.00 horas).

O xoves 26 a Banda de Música de Noia ofrecerá un concerto ás 18.00 horas na praza da Constitución e Viravai no Coliseo Noela achegará o espectáculo familiar Paio e poder da música ás 19.00 horas. Pola noite concerto no Tapal de Xisco Feijóo (ás 21.30 horas) e verbena na Alameda (ás 22) a cargo de New York e á medianoite con Discoteca Móvil CDC.

O sábado comezará o día coas dianas e alboradas de Os Salgueiriños e coa animación na rúa (no centro histórico e na Alameda) de A Troula da Barquiña. Ao mediodía haberá inchábeis para a rapazada na rúa do Curro. Pola noite actuarán Flow del Norte e Boomers no Tapal, incluíndo un tributo a Joaquín Sabina. A verbena (na Alameda) virá da man de Metrópolis. Pechará a xornada a Discoteca Móbil Chocolate na Alameda.

O domingo haberá foliada ao mediodía con grupos de música tradicional, troula musical que proseguirá pola tarde, a partir das 17.00 horas. As festas rematarán na rúa do Curro cos Trobeiros da Ponte a partir das 20.00 horas.

Modificacións de tráfico a partir dese xoves

Este xoves, por mor da celebración das festas, procederase a facer unha modificación puntual da circulación consistente nos seguintes cambios:

– Dende ás 15 horas do mércores 24 de abril de 2024, queda pechada a rúa Escultor Ferreiro.

– Do mesmo xeito o día 25 de abril de 2024 queda prohibido o estacionamento na rúa Brasil no tramo que vai dende a explanada da capela de San Lázaro ata a rúa Paraguai.

– Queda tamén prohibido o estacionamento na rúa Paraguai dende a travesía de Paraguai ata a rúa Bolivia.

– A rúa Lorenzo Armada queda cortada durante o día 25 de abril de 2024 e reservada para o estacionamento dos participantes na feira.

– A rúa Cuba queda cortada no cruce con Álvaro das Casas.

– A travesía de Paraguai queda cortada a altura do cruce con Álvaro das Casas.

– A rúa Chile cortase a altura do cruce con Xaquín Agra Cadarso.

– O acceso a rúa Curros Enríquez (Hotel Noia), será polo campo de fútbol durante toda a mañá, quedando aberta a circulación no Malecón de San Lázaro a partir das 16 horas.

– Pola rúa Venezuela poderán circular os usuarios dos garaxes.

– No mapa que podemos ver máis abaixo pódese apreciar sinalado de cor vermello as zonas nas que non se pode estacionar nin circular e de cor amárelo as rúas polas que si se pode.

Outros artigos

Domingo con choivas que dan paso a tempo seco

Na xornada do domingo persistirá aínda a inestabilidade atmosférica. Con esta situación, agárdanse intervalos nubrados, con precipitacións, máis frecuentes e intensas pola mañá, que tenderán a ir desaparecendo a medida que avance a tarde. Estas precipitacións virán...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

Anda el mundo en sus circunstancias, no pocas desalentadoras. Entre ellas, cada uno semeja andar a lo suyo -menos yo, que diría el paisano, que ando a lo mío-. Transaccionar -negociar, convenir- consensos básicos sobre temas esenciales: la salud, la paz, la...