O Son organiza o 18 de novembro un curso sobre deporte e discapacidade

17 Novembro 2020

O Concello de Porto do Son, a través da Concellería de Benestar Social e en colaboración con Misela (Asociación de Persoas con Discapacidade das Comarcas de Noia e Muros), organiza o día 18 de novembro ás 16.00 horas un curso de catro horas sobre deporte adaptado á discapacidade. A actividade formativa, que é de balde e vén con prazas limitadas, desenvolverase na Casa da Cultura do Son. As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición até o 12 de novembro a través da conta de correo jose.pazo@portodoson.gal.

Os contidos do curso artellaranse en tres bloques básicos: o deporte como dereito para todas e todos (definición e historia do deporte adaptado, resumo de prácticas adaptadas, etc), o deporte e a discapacidade (tipos de deporte para persoas con diversidades funcionais: escolar, recreativo, terapéutico, competitivo) e o deporte como favorecedor da autonomía e da calidade de vida (inclusión social, casos prácticos, vídeos reais sobre deportivas con diversidades funcionais).

Outros artigos

Minuto de silencio no Son polas vítimas de Urda

O Concello do Porto do Son acolleu onte a celebración dun minuto de silencio en homenaxe ás vítimas do tráxico accidente ferroviario de Urda. O Goberno e a Corporación do municipio adheriuse ao minuto de silencio convocado pola Federación Española de Municipios y...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

El Gobierno gallego cumplió con una de sus primeras obligaciones, la de presentar losPresupuestos con la previsión de ingresos y el desglose de gastos para el ejercicio 2027.Las cuentas anuales son como la hoja de ruta a la que ha de ajustarse el Ejecutivo en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.