O PP pide unha auditoria e un plan plurianual para coñecer o estado e mellorar a rede de vías provinciais entre elas as da comarca

14 Novembro 2020

O grupo do Partido Popular na Diputación da Coruña, levará ao próximo pleno unha moción na que os populares reclamarán que a institución provincial elabore unha auditoria completa para coñecer o estado actual no que se atopa a rede de vías provinciais para, posteriormente, poñer en marcha un plan plurianual que permita mellorar a rede de estradas que percorre os 93 municipios da provincia coruñesa.

Os populares entenden que a Deputación da Coruña conta cunha cantidade
importante de quilómetros de estradas provinciais en moi diversos estados
de conservación e acondicionamento, e cree que o sey mantemento non se
limita unicamente á mellora na circulación dos vehículos, senón que afecta a outros moitos aspectos como a redución no risco de accidentes, o
consumo de combustible ou as emisións de gases de efecto invernadoiro.
“É necesario realizar un investimento no mantemento e conservación
das nosas estradas de titularidade provincial para corrixir as súas
deficiencias, como a falta de estabilidade, as carencias en materia de
sinalización, os firmes en mal estado ou mala iluminación”, apuntan os
populares, que recordan que xa fixeron dous rogos neste sentido no pasado
pleno do 30 de outubro.
Na moción presentada, os populares reclaman tamén un acordo para
creación dunha comisión especial composta por deputados de cada un dos
grupos con representación na Deputación e funcionarios técnicos do servizo de Vías e Obras da institución. Este órgano, explican dende o PP. Sería o encargado de planificar e ditaminar as actuacións máis urxentes, así como a planificación do mantemento, conservación e execución de novos
proxectos das carretas de titularidade da Deputación con cargo aos
orzamentos provinciais.
“Debemos pensar que o diñeiro destinado ao mantemento das vías é
un investimento de futuro, xa que investindo na conservación das
estradas invístese na mellora da mobilidade, pero tamén en seguridade e en compromiso co medio ambiente”, apuntan os populares que reclaman ao executivo provincial que “abandone dunha vez por todas a política de parcheo e lavado das vías” e que se comprometa de verdade coas estradas desta provincia, “incrementando as partidas económicas” para realizar os planes necesarios “con independencia” do color político das institucións afectadas.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.