O Gala do Libro Galego retransmitirase en streaming e con Quico Cadaval como mestre de cerimonias

10 Novembro 2020

A Gala do Libro Galego, a quinta, vai ser unha gala virtual. Así o confirmou este martes 10 de novembro a Asociación Galega de Editoras (AGE) dende o Auditorio de Galicia en Santiago, na presentación da que é a cita editorial máis importante do noso panorama libreiro. Será conducida polo dramaturgo e narrador oral Quico Cadaval (Carreira, Ribeira, 1960) e difundirase o vindeiro sábado 21 de novembro, ás 12.00 desde a canle de Youtube da Gala do Libro.

Na presentación do evento en rolda de prensa participaron por parte das entidades da organización, Henrique Alvarellos, vicepresidente da AGE, Xosé Antón Pedreira Mirás, vicepresidente da Federación de Librarías de Galicia, e Cesáreo Sánchez, presidente da AELG.

Presentación da gala este martes 10 de novembro en Santiago

Por parte das entidades colaboradoras, Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural do Concello de Santiago, foi a encargada de abrir e pechar o acto, que tamén contou coa presenza activa de Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, quen destacou o papel das administracións no seu apoio ao sector do libro: “Debemos arroupar o proceso creativo, o sistema cultural e literario galego”. Por motivos de axenda escusaron a súa ausencia as demais entidades colaboradoras na celebración do evento, o deputado de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto, e a entidade CEDRO.

Segundo fixeron saber, a Gala do Libro Galego tiña prevista a súa celebración o 9 de maio de 2020 e a organización do evento decidiu manter as deliberacións do xurado e dar a coñecer os libros gañadores ese mesmo día e adiar a celebración oficial para o 21 de novembro.

Os Premios da Gala do Libro Galego están organizados pola Asociación Galega de Editoras (AGE), a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), e a Federación de Librarías de Galicia (FLG), contan coa axuda de CEDRO (Centro Español de Derechos Reprográficos), Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Política Lingüística), Concello de Santiago e é unha actividade subvencionada pola Deputación da Coruña.

O xurado desta quinta edición estivo formado pola xornalista e poeta Ana Romaní, a profesora Anxos Rial, o escritor Antón Riveiro Coello, a poeta Estíbaliz Espinosa, o editor e profesor Manuel Bragado, a tradutora María Alonso Seisdedos e o crítico literario e escritor Ramón Nicolás. O xurado celebrou unha reunión telemática para debater sobre as propostas finalistas nas quince categorías e que corresponden con obra publicada durante o ano 2019.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...