O Concello da Pobra elimina as humidades no Polideportivo da Tomada e o Estadio da Alta

27 Novembro 2020

A Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal comunica que se realizaron os labores para a eliminación de humidades no polideportivo da Tomada. A dita actuación foi executada pola empresa Constrios S.L. e o investimento ascendeu a 12.056’44 euros, IVE incluído.

O proxecto, segundo explica o Goberno local, supuxo a limpeza do caleiro de cuberta, incluíndo medios auxiliares e medidas de seguridade para a execución dos traballos; a tapadura de buratos en fábrica de bloque a rentes do chan na contorna da pista polideportiva; a limpeza da cuneta con medios mecánicos e manuais, e incluso a retirada dos entullos a un vertedoiro autorizado; o repaso e a reparación de puntos de humidade en cuberta, con medios auxiliares para o desenvolvemento das tarefas; e a limpeza de paramentos verticais con máquina hidrolavadora e hidrofugado unha vez limpo e seco o soporte, tamén con medios auxiliares.

Arranxo das filtracións

Por outra banda, efectuáronse accións para acabar coas filtracións de humidades no edificio que alberga o ximnasio e oficinas de atletismo e almacén do estadio municipal da Alta. Máis polo miúdo, realizouse o forrado exterior no local de oficinas, pola súa parte exterior na zona sur e oeste, con minionda branca, aparafusada con ganchos de aceiro inoxidable; e aplicouse caucho na parede exterior de bloques na sala de ximnasio, nunha lonxitude de 18 metros e nunha altitude de 1’90 metros. Supuxo un investimento de 3 025 euros, IVE incluído. A obra foi executada por Tubio Lumasa S.L.

Estas intervencións enmárcanse no plan de mellora das instalació

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.