Novo número de O Barbanza na edición impresa

17 Novembro 2020

Novo número da nosa revista mensual “O Barbanza” que chega á edición 15 do mes de novembro. Nos nosos contidos novamente amosamos o apoio o sector comercial e hostaleiro da comarca que segue a ser un dos colectivos máis afectados pola pandemia. Nesta edición recollemos as iniciativas municipais e da Deputación Provincial dentro dos plans Reactiva, que inclúen subvencións directas para as pequenas e medianas empresas e que buscan fomentar o emprego. Á marxe desta iniciativa, os propios municipios están a desenvolver axudas propias para complementar as necesidades de empresas, autónomos e cidadáns.

Entre outros contidos pasamos revista ós mais recentes exemplos de rehabilitación do patrimonio das nosa vilas, recollemos tamén os proxectos que se están a levar acabo co gallo da celebración do Mes da Ciencia en Galego, e falamos da Gala do Libro Galego que poderá ser seguida en streaming. Tamén facemos resumo do mais salientable do mes nos distintos concellos da comarca.

Coma sempre a revista está a ser distribuída de balde en todo los concellos da comarca e pódese descargar ou ver en pdf na web “obarbanza.gal” ou solicitala por email a lectores@obarbanza.gal.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.