Noia centra a loita contra a violencia de xénero nas redes e na información para a xente nova

24 Novembro 2020

A Concellería de Servizos de Noia que dirixe Marisol Villar presentou a semana pasada o programa de actividades locais para a conmemoración do 25-N, o Día Mundial contra a Violencia de Xénero, un programa que se está a desenvolver dende hai días baixo o lema Nin de Broma e que se centra en parte na importancia de loitar nos escenarios de comunicación onde está cada vez máis presentes as novas xeracións: as redes sociais e outros servizos online de interacción.

Segundo fixeron saber Marisol Villar e Julia Veiro (directora do CIM de Noia), “as novas tecnoloxías son unha nova forma de relacionarse e que supoñen un cambio importante na vida dos adolescentes”. Por este motivo, a campaña inclúe mensaxes nas redes sociais (un total de 7 sinais de violencia de xénero entre a mocidade, en cuxa difusión o Concello conta coa colaboración de clubs e asociacións locais), colocación de paneis nas estradas dos centros de ensino e edificios municipais e máis un concurso audiovisual para a xuventude local (o certame NindeBroma) no que se presentaron xa varias curtametraxes abordando a temática do 25-N e a importancia de xuntar forzas para pór freo a esta lacra social. Ademais, o Concello adheriuse á iniciativa De Fronte impulsada pola Deputación Provincial da Coruña, xunto con outros municipios da nosa comarca como por exemplo Boiro, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Lousame, Outes, Dodro e Carnota.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.