A rapazada de Noia poderá loitar contra a violencia de xénero a través do certame NindeBroma

08 Outubro 2020

O Concello de Noia, a través da Concellería de Servizos Sociais, puxo en marcha unha campaña para fomentar o talento creativo das novas xeracións ao tempo que se avanza, dende idades temperás, contra a lacra da violencia de xénero. Trátase da campaña NindeBroma, que xa ten aberto o prazo de inscrición e que consiste nun concurso audiovisual para rapazas e rapaces menores de 18 anos.

O certame, unha iniciativa pola igualdade e contra a violencia machista, convida a elaborar e presentar curtametraxes relacionadas con estas cuestións sociais de especial relevancia.

Achegaranse aos premiados vales por valor de 200 euros (o primeiro), de 150 (o segundo) e 100 (o terceiro). Segundo se especifica nas bases, deberán ser consumidos en establecementos locais de Noia. Nas bases tamén se especifica que os vídeos non poden ter unha duración de máis de 5 minutos, que deben tratar a temática da violencia machista, que a data límite de entrega será a do 18 de novembro de 2020 e que o correo para facer os envíos é nindebromanoia@gmail.com.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.