No Barbanza aumentan os positivos en centros de ensino con 25 casos

03 Novembro 2020

Seis centros escolares incrementan a 16 os que contan con positivos da COVID-19 na comarca. Os colexios son de oito concellos e arroxan 25 casos de coronavirus dez máis que no comunicado anterior.

Segundo a Consellería de Sanidade os centros que se incorporaron hoxe á listaxe son o colexio Rodríguez Cadarso de Noia con dous positivos, con un caso están o instituto Poeta Añón de Outes, o Santa Irene de Porto do Son, o Heroínas de Sálvora de Aguiño, o Galaxia de Ribeira e o colexio Castelao de Rianxo.

O centro con máis positivos neste momento é o colexio Cernadas de Castro de Lousame, con catro afectados diagnosticados; seguido do instituto Campo de San Alberto de Noia con tres ao confirmarse un novo positivo e o IES A Cachada de Boiro, con outros tres.
Completan a lista con covid-19 cun caso o colexio de Cespón, Ramón de Artaza , o instituto de Porto do Son, o IES Félix Muriel de Rianxo, o Bayón de Ribeira e o instituto Leliadoura.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...