Na Pobra realizados diversos traballos no campo de fútbol de Cadreche

30 Novembro 2020

A Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal informa de que se efectuaron diversos traballos na instalación do campo de fútbol de Cadreche. Concretamente, procedeuse coa subministración e a colocación dunha rede de tea cunha malla de 10 x 10; coa dotación e instauración de 6 tubos de aceiro galvanizado a 6 metros de altura e 50 de diámetro para suxeita-la rede no fondo da portaría; co abastecemento e compactación de balastro na zona frontal das bancadas; co equipamento e a instalación de reixas nas fiestras do vestiario lacado en verde; coa aplicación de pintura branca para interiores e, incluso, o repaso das faltas, tamén nos vestiarios, corredores e duchas na súa totalidade; e coa tapadura do buraco dunha porta de paso con revestimento por ámbalas caras con morteiro.
A dita actuación foi executada por Constrios S.L. e o investimento ascendeu a 9 926’84 euros, IVE incluído.
Trátase dunha intervención enmarcada no plan de mellora das instalacións
deportivas no segundo semestre do ano, cuxa finalidade reside en ofrecerllesnaos usuarios e usuarias unhas mellores condicións para o desenvolvemento da súa actividade.

Outros artigos

Chega unha nova edición das xornadas “A Pobra no Tempo”

Historia, patrimonio e cultura volverán centrar as xornadas A Pobra do Caramiñal no Tempo, que celebrarán a súa oitava edición os días 26 e 27 de setembro. As xornadas reunirán diferentes especialistas para achegar á cidadanía investigacións, episodios e figuras...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.