Na Pobra ofrenda floral a García Martí, a Mariquiña e a Devoto Fantoni

01 Novembro 2020

O Concello da Pobra do Caramiñal tributou un recoñecemento institucional nesta tarde ao escritor Victoriano García Martí, fillo predilecto da localidade, poñendo unha coroa de flores no nicho onde descansan os seus restos. Ata o cemiterio de Santa María a Antiga do Caramiñal desprazáronse as concelleiras Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), Genoveva Hermo (Nós Pobra) e Amparo Cerecedo (BNG), así como o director do Museo Valle-Inclán, Antonio González.

A seguir, trasladáronse ata o camposanto de Santo Isidro de Posmarcos para colocar un arranxo floral sobre a tumba de María de la Encarnación Beatriz Baltasara del Valle-Inclán Blanco, Mariquiña -unha das fillas de Ramón del Valle-Inclán que naceu na Pobra, concretamente, no pazo da Mercé- e o seu marido, o novelista Daniel Jesús Devoto Fantoni.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.