Máis de dúas ducias de clubs da nosa comarca vense beneficiados das axudas da Deputación

09 Novembro 2020

A área de Deportes da Deputación da Coruña vai destinar este ano 496.642,78€ para apoiar a 217 clubs deportivos da provincia con equipos ou deportistas que participen en competición federada de ámbito local, provincial ou autonómico durante o 2020. O obxectivo desta partida de axudas é “dar dar apoio ao financiamento dos equipos e á súa participación en competicións oficiais, así como fomentar a actividade deportiva na provincia da Coruña”.

Entre as entidades beneficiarias figura unha manchea de todos os concellos da nosa comarca, máis de dúas ducias. Por exemplo Agrupación Deportiva Queiruga (1.000 euros), a Asociación Club Baloncesto Rianxo (1.999 euros), o Carreira Club de Fútbol (2.500 euros), o Sporting de Lampón (1.000 euros), o Club Atlético de Ribeira (3.750 euros), o Club Baloncesto Noia (3.250 euros), o Club Ciclista Barbanza (2.336 euros), o Club Cultural Deportivo de Taragoña (2.250 euros), o Club Atletismo Noia (2.000 euros), o o Club Remo de Muros (5.000 euros), o Club de Tenis Boiromar (1.608 euros), o Club de Tenis Punta Salera (2.368 euros), o Club Deportivo Artes (1.000 euros), o Club Deportivo Boiro (1.750 euros), o Club Deportivo de Muros (1.000 euros), o Club Patinaxe A Pobra (1.000 euros), o EFM Concello de Boiro (3.750 euros), o Outes Fútbol Club (3.750 euros), o Porto do Son CF (2.000 euros), o Puebla Club de Fútbol (2.500 euros), o Sálvora Club de Fútbol (3.750 euros), a Sociedade Deportiva Esteirana (3.750 euros), a Sociedade Deportiva Xuño (1.000 euros), a Unión Deportiva Monte Louro (1.500 euros),

Esta liña de apoio, con axudas entre os 1.000 e os 6.000 euros, destínanse ao fomento de múltiples disciplinas deportivas, como poden ser o fútbol, balonmán, ciclismo, natación, atletismo ou baloncesto, entre outras.

A deputada responsábel da área de Deportes, Cristina Capelán, destacou a importancia deste programa “para promover aos equipos e deportistas da provincia, apoiando ao deporte galego nas diferentes categorías e disciplinas co obxectivo de seguir impulsándoo para situalo na vangarda”.

A listaxe de beneficiarios das subvencións pode consultarse no BOP deste luns 9 de novembro, en formato PDF.

Estas axudas complementarase coa liña de subvencións para clubs deportivos da provincia que participan en competicións federadas de ámbito nacional e internacional, cun orzamento de 1,3 millóns de euros.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.