Francisco Valeiras “Quico” gañador do Premio Eusebio Lorenzo Balierón de Dodro

21 Novembro 2020

Francisco Valeiras González, “Quico” é o gañador da XXXIII edición do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón 2020 que convoca o Concello de Dodro. Así o decidiu por unanimidade o xurado, reunido esta mañá na Casa de Cultura. O xurado destaca da obra a aparición dunha voz que procura espazos aínda pouco transitados na nosa literatura, singularmente no territorio do pensamento. Trátase dunha voz que bota man da hibridación de discursos e que se revela, tanto na asunción das poéticas últimas, como na presenza de múltiples voces, facendo patente un amplo universo discursivo.

O gañador, que se presentou ao certame cun poemario titulado Urda, reside en Santiago de Compostela e é autor das obras: O tempo da Cireixa (Edicións Positivas, 2019) e O Elo (Urutau, 2020), concebida xunto a Emma Pedreira. No ano 2019 tamén participou na antoloxía “Arrincando marcos 2019”. Como gañador do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón recibirá 2.500 euros e a publicación da obra.

Coordinado nesta edición por Elvira Ribeiro Tobío, o xurado estivo composto: Ana Belén Salgado Domínguez, Antón Blanco Casás, Míriam Ferradáns Ferradás, Iolanda Pérez Zúñiga presidido por Francisco Xabier Castro Tourís, alcalde do Concello de Dodro e actuando como secretario Xoán Xosé Vicente Franco, concelleiro de Cultura e Patrimonio.

Tras a elección da obra premiada os membros do xurado, acompañados polo alcalde de Dodro, Xabier Castro, e Manuel Lorenzo Baleirón, irmán de Eusebio renderon un sentido tributo poético e realizaron unha ofrenda floral no cemiterio de San Xián de Laíño, onde repousan os restos do poeta Eusebio Lorenzo Baleirón.

Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.