Comezaron as obras no Arquivo Municipal da Pobra

23 Novembro 2020

O alcalde da Pobra, Xosé Lois Piñeiro, e a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, comunicaron o pasado venres, 20 de novembro, o inicio das obras no Arquivo Municipal, destinadas a solucionar os problemas provocados polas filtracións de auga. A empresa Impernosa é a encargada da realización da obra, que conta cun investimento total de 48.374 euros. A finalización da mesma está prevista para antes de rematar o ano.

A reforma consiste na impermeabilización de toda a parte exterior do establecemento e comprende o arquivo, localizado no semisoto do Concello, ademais da entrada ás instalacións da Policía local e as escaleiras da parte de atrás do acceso ao conservatorio.

Doutra banda, picarase e demolerase o pavimento existente, que se levará a un vertedoiro autorizado. Tamén, abrirase unha roza perimetral para o remate da impermeabilización mediante un selado con masilla elástica de poliuretano, tratarase o soporte por medio do abrasivo mecánico e aplicarase a imprimación seladora Primer B2 sobre o soporte e dúas capas de lámina impermeabilizante Bituthene 4000S. Do mesmo xeito, administraranse os materias que conforman unha membrana elastomérica, elástica e impermeable, que se fixarán nas zonas críticas, e colocarase o Geotextil P.P de 120 gramos e novos acabados no acceso ao edificio.

O rexedor sinalou que “este era un problema que se viña dando no tempo” e apuntou que “se decidiu por esta actuación drástica, para solucionar o problema dunha vez por todas”. Por outro lado, anunciou a “existencia dun proxecto para construír encima do arquivo unhas novas oficinas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.