Comeza a tempada de lobos mariños na costa galega

17 Novembro 2020

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, CEMMA, vén de informar do inicio da tempada de lobos mariños na costa galega, animais antano presentes de xeito máis permanente na nosa costa pero hoxe visitantes frecuentes a partir de outono e até o remate do inverno, treito temporal no que as focas miúdas adoitan recalar en Galicia na procura de descanso.

A plataforma fai saber que o comezo da dita tempada arrincou coa detección do lobo mariño cincento (Halichoerus grypus) albiscado na praia de Vilarrube, na ría de Cedeira, o pasado domingo. Con todo, o CEMMA lembra que houbo unha excepción a esta norma estacional: a presenza da foca femia Doqui na contorna de Caión durante o pasado verán, sendo a primeira vez na historia coñecida que un exemplar de lobo mariño cincento prolonga aos meses estivais a súa estadía no noso litoral.

O CEMMA recorda tamén que as posibilidades de atopar estes mamíferos nas nosas praias, principalmente as cantábricas, non son “tan raras como se podería pensar”, porque son exemplares que chegan dende as colonias de cría do norte e polo tanto “están moi cansos, motivo polo cal poden baixar a terra a descansar e botar unha soneca tranquilamente”. A coordinadora tamén pon o foco na necesidade de aplicarmos unhas normas claras de comportamento ante os lobos mariños: cómpre que non nos acheguemos a eles para evitar molestalos ou provocar unha reposta agresiva, non bloquearlles a vía de fuxida e manter arredados, no caso de telos, aos nosos cans. Tamén é importante manter silencio, xa que os berros e o balbordo poden xerar estados de alarma innecesarios nos lobos mariños. Un consello moi importante é que chamemos ao 112 canto antes en canto albisquemos un exemplar na praia, para iniciar axiña as xestións da Rede de Varamentos.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.