AMBAR celebrará a Semana da Diversidade cunha serie de coloquios en liña

27 Novembro 2020

Este mes de decembro, con motivo do Día da Diversidade Funcional (o día 3), a asociación barbancesa AMBAR levará a cabo unha xornada de coloquios online a través da plataforma Zoom. Os membros e profesionais da agrupación pretenden “reivindicar” coas actividades da Semana da Diversidade (do 3 ao 10 de decembro) a importancia que ten a inclusión social e o empoderamento das persoas con diversidade funcional a través da arte, da educación e do emprego.

En total realizaranse tres charlas, a celebrar nas xornadas do 3, o 9 e o 10. Arte e empoderamento con Patricia Amil (responsable da área didáctica de arte da Fundación María José Jove) e Adriana Pazos (xestora cultural) será a primeira conversa en efectuarse. Neste caso, o día 3 de decembro de 12:00 a 12:45 horas. Doutra banda, o 9 de decembro ás 17:00 horas, Alba Pérez (mestra, psicopedagoga e terapeuta de atención temperá) e María Luisa Fernández (autora do libro La Mirada del Ángel), darán a charla Un Café sobre Educación Inclusiva. Do mesmo xeito, Daniel Tojo (orientador laboral da asociación), realizará o 10 de decembro das 16:00 ás 16:45, unha conferencia sobre o Emprego e a Diversidade Funcional.

Todas as persoas que queiran participar nesta iniciativa, pódense escribir de forma gratuíta na ligazón específica habilitada por AMBAR.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.