A problemática do lixo mariño, ao detalle nunha nova guía a disposición dos centros de ensino

26 Novembro 2020

O Centro de Documentación Ambiental do CEIDA vén de recompilar nunha guía unha moi relevante serie de documentos sobre lixo mariño dirixidos aos centros de ensino e ás familias. Trátase, en palabras do centro emprazado en Oleiros (A Coruña), de libros e recursos multimedia de utilidade para concienciar sobre a problemática da proliferación nos mares de desperdicios xerados polo ser humano, principalmente plásticos.

A publicación forma parte das actividades dirixidas aos centros de ensino dentro do programa Para unha Transición Ecolóxica que o CEIDA está a desenvolver co apoio da Deputación da Coruña.

En concreto, a guía pretende poñer a disposición tanto dos profesionais da educación, formal e non formal, como das familias, unha selección de documentos cos que traballar a problemática da contaminación mariña, facendo especial fincapé aos residuos plásticos. Segundo lembra o centro de investigación do Castelo de Santa Cruz, “a acumulación de lixo no mar é un problema ambiental sen precedentes na historia do noso planeta, con efectos negativos de diversa índole sobre as nosas especies, hábitats e ecosistemas mariños, e xa hai unha chea de estudos que afirman, ademais, que até o 80% do lixo que chega aos océanos procede de actividades terrestres”.

Solucionar o problema, engade o CEIDA, só se pode acadar por medio da colaboración de toda a sociedade, por iso a guía de recursos encamíñase a actuar nos centros de ensino e nos fogares, poñendo a semente da concienciación nos futuros aliados para loitar contra os problemas ambientais.

O Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga, entidade responsábel da guía, é un centro público de recursos de información e documentación sobre a Educación Ambiental e o Medio Ambiente. Situado no andar baixa do Castelo de Santa Cruz (Oleiros), o seu funcionamento é similar a o dunha biblioteca especializada, aberta a toda a cidadanía, e alberga nas súas instalacións un amplo e variado fondo documental con máis de 28.000 recursos bibliográficos.

Outros artigos

Mércores 7, xornada de tempo variable

Este mércores 7, San Raimundo, quedaremos baixo unha situación intermedia entre altas e baixas presións. O día presentarase con ceos parcialmente nubrado e precipitacións intermitentes durante a mañá, especialmente na metade norte e interior da Comunidade. Co avance...

+

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Cando o mundo volve á lei do máis forte” – José Luis Calo

“Cando o mundo volve á lei do máis forte” – José Luis Calo

Eu non son experto en política internacional nin en estratexias militases. Son un cidadán do día a día, dos que prenden a televisión, len as noticias e tratan de entender o que está a pasar co mundo no que vivimos. E o que vexo ultimamente con Donald Trump á fronte de...

“1.635” – Xulio Xiz

“1.635” – Xulio Xiz

A U.E. veu racionalizar determinadas festas neste país trasladándoas ao domingo inmediato, para harmonizar o calendario de traballo nos diversos países, aínda que en ocasións como o Nadal sigan existindo festivos e vésperas alternándose con tal ritmo que é difícil...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.