A comunidade de Toxo Telecom chegou este outono aos 2.000 usuarios

06 Novembro 2020

Toxo Telecom, a operadora galega de telecomunicacións (con servizos de móbil, TV, fibra e telefonía fixa) celebrou este mes de novembro un importante fito na súa andaina no mercado, que comezou hai xa dous anos. En concreto, a empresa de Ribeira conmemora ter chegado á cifra dos 2.000 integrantes (chorimas) da súa comunidade de usuarios, que non parou de medrar dende a posta en marcha da iniciativa.

O devandito fito en materia de clientes, repartidos por Galicia, España e Europa, foi recibido con palabras de agradecemento polo equipo da operadora: “Despois de anos no mercado é todo un orgullo ver ata onde imos chegando, e todo grazas ás persoas que cada día confían en nós para dar servizo ós seus fogares ou ás súas empresas”.

A maiores, a empresa celebrou o achegamento do segundo aniversario con varias novidades de servizo para usuarios. Este mes de outubro, sen ir máis lonxe, lanzou unha oferta de 60GB de datos e chamadas ilimitadas a 29,95 euros ao mes. A promoción, que se acompaña do lema Máxima velocidade e para sempre, está dispoñíbel na web de Toxo e ou a través do teléfono 602 247 247, como tamén está dispoñíbel a través destas canles a nova liña de mercado da operadora: a venda de terminais. Por exemplo o Realme 6/Pro, en palabras da firma “un dos móbiles máis completos do mercado”, e que distribúe Toxo aos seus clientes por 10,90 euros ao mes.

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.