25 obras pesentadas o XXXIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón organizado por Dodro

03 Novembro 2020

O pasado 23 de outubro rematou o prazo de entrega das obras candidatas ao XXXIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, organizado polo Concello de Dodro. Un total de 25 poemarios participan este ano no
certame. O Concello de Dodro nomeou como responsable do bo desenvolvemento do Premio á poeta, profesora e tradutora, Elvira Ribeiro Tobío, quen conta cunha importante traxectoria no mundo literario e cunha extensa obra na nosa lingua. Foi Premio Rosalía de Castro de Cornellá (2003), accésit no Premio Faustino Rey Romero (2004), finalista do Premio Merlín (2007), Premio Xosé Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil (2008), Premio de poesía
Victoriano Taibo (2009), Certame de poesía erótica Illas Sisargas (2011), Premio de Poesía Avelina Valladares (2013), Premio de poesía Manuel Leiras Pulpeiro (2015). Ten participado, ademais, como membro do xurado dos
premios máis prestixiosos da poesía galega; entre eles, o Premio de Poesía Afundación, o Premio de Poesía Xohán Carballeira do Concello de Bueu, o Premio de Poesía Victoriano Taibo de Gondomar, o Premio Nacional de
Poesía Xosemaría Pérez Parallé, o Premio Eusebio Lorenzo Baleirón, o Premio Illas Sisargas de poesía erótica, os Premios Literarios Minerva, os Premios de Poesía e Relato da Universidade de Vigo.
O xurado designado polo Concello de Dodro para valorar os 25 traballados presentados ao concurso está composto por: Ana Belén Salgado Domínguez, crítica literaria, lingüista e profesora, Míriam Ferradáns Ferradás, poeta galega, Iolanda Pérez Zúñiga, escritora galega e Antón Blanco Casás, poeta gañador da pasada edición do certame.
O vindeiro 21 de novembro este tribunal dará a coñecer a obra gañadora do XXXIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón. Se a evolución da COVID-19 non o impide, o acto oficial de entrega do galardón terá lugar
o día 12 de decembro, case, coincidindo coa data do aniversario do falecemento de Eusebio Lorenzo Baleirón, poeta de Dodro ao que o certame rende homenaxe.

Outros artigos

O BNG de Dodro faise eco das demandas das persoas que necesitan vivenda

O portavoz Xoán Bautista Mariño acompañado por veciños canda a parlamentaria no Hórreo Saleta Chao e o parlamentario no Congreso Néstor Rego nunha visita analizando a situación da comarca do Sar O BNG de Dodro rexistrou unha moción para o próximo pleno de xaneiro ante...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desaparecerán muchos bares” – José Castro López

“Desaparecerán muchos bares” – José Castro López

Los bares forman parte de nuestra identidad nacional. Son como “un corazón económico y social” que late a diario en las calles de ciudades y pueblos, un punto de encuentro y de intercambio de historias entre generaciones. En ellos se mezclan edades, ideologías,...

“Veñen os Reis”. Xulio Xiz

“Veñen os Reis”. Xulio Xiz

Son devoto dos Magos, malia que non me prestaron atención ata que fun maior. Este día cinco estiven á súa beira en Begonte e en Lugo, confortado por unha información radiofónica que xustificaba que puidesen estar á vez en milleiros de lugares de todo o mundo. Xa que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.